Autobuses Freire para Nixeria

A Empresa Freire, S.L. enviou, onte 23 de abril, duas unidades Scania Irizar Century I, que estaban fora de servizo, a Benin City, en Nixeria, no África Occidental para que os reutilizaran alí. Nixeria, situada na zona do Golfo de Guinea, é o país máis poblado de África e o séptimo do mundo (superando a Xapón e a Rusia). Tamén agrúpase dentro dos Próximos once (tamén coñecido como N-11) que é un grupo de países con grandes perspectivas de inversión e crecimento no futuro. A economía de Nixeria é unha das máis crecentes do mundo.

O envío destes autobuses ven completar unha primeira expedición realizada a mediados de 2013 na que se destinaron dous vehículos a Togo.

A operación enmárcase dentro dun acuerdo ao que chegou a empresa, para dar saída aos vehículos, que contaban con toda a documentación en regra (Seguros, ITV, permisos de circulación…etc) agás a autorización administrativa para prestar transporte público de pasaxeiros en España ao rebasar a antigüedade máxima imposta nos Pranes de Modernización da frota.

Os autobuses de Freire foron recollidos nas instalaciones da Vía Faraday en Santiago de Compostela e serán enviados a Nixeria, a través do porto de Valencia. A travesía en barco dura aproximadamente un mes polo que as duas unidades poderán estar operativas a principios do veran. O servizo ao que se destinarán os autobuses será cubrir as cercanías de Benin City, unha cidade con 1,5 millóns de habitantes situada cerca do Golfo de Guinea.