Freire destina dous autobuses para África

A Empresa Freire, S.L. enviou dous unidades Scania Irizar Century I, que estaban fóra de servizo dende fai un ano, á capital de Togo, Lomé, no África Occidental, para que os reutilizaran alí. Togo é un país con graves problemas sociais, demográficos e de desevolvemento, que o sitúan como a moitos estados africanos no furgón de cola dos países.

A operación enmárcase dentro dun acordo ó que chegou  a empresa, para dar saída ós vehículos, que contaban con tódala documentación en vigor (Seguros, ITV, permisos de circulación…etc) agás coa autorización administrativa para prestar transporte público de pasaxeiros en España ó cumprir os 20 anos.

“Un dos autobuses levaba un ano parado e foi necesaria unha reparación a fondo. Queremos envialos en bo estado”, explicou o subdirector da empresa, Gaspar Freire.

Agora queda pendente o envío doutros dous autobuses para unha segunda expedición prevista para mediados de 2014.

Os dous vellos autobuses de Freire esperan dende onte, 23 de maio, en Santurtzi, no porto de Bilbao, ó embarque rumbo a Togo. Según explicou Freire, estes dous vehículos, equipados para cubrir longos recorridos, darán servizo ás universidades, porque teñen moita máis distancia entre sí.