Empresa Freire S.L.

Somos especialistas no transporte de viaxeiros por estrada, cunha ampla tradición no sector e desenvolvendo esta actividade dende o ano 1911.

Durante este periodo fomos completando un amplo catálogo de servizos, que tratamos de ampliar e mellorar cada día. Adaptándonos ás novas necesidades dos nosos clientes e aos cambios que, ao longo do tempo, sufriu o noso sector.

Na actualidade

Podemos considerarnos como empresa referente na nosa área de influencia. Sendo os nosos servizos os máis demandados, nalgunhas das rutas que percorren os nosos autobuses.

Esta consideración por parte dos nosos clientes, colócanos nunha posición de responsabilidade que nos obriga a manter un bo nivel de calidade en todos os nosos servizos. Por iso ampliamos e melloramos, periódicamente, a nosa frota de autobuses.