Freire presenta un novo modelo de poste informativo en Santiago de Compostela

A Empresa Freire, S.L. instalou de momento catro postes informativos nas principais paradas do centro de Santiago de Compostela, as de maior afluencia da liña do Aeroporto de Lavacolla, e foron presentados onte, 23 de abril, polo subdirector da empresa, Gaspar Freire.

A iniciativa forma parte dun proxecto piloto que estará en probas ata o mes de abril de 2014, e que se seguirá ampliando durante os próximos 5 anos, ata completar a rede concesional da Empresa Freire, S.L. O obxetivo é dar ós usuarios a información en cada parada e espérase chegar ata 100 puntos informativos en toda a rede e ofrecer tamén información turística. O proxecto, bautizado como InfoBus, é froito dun acordo alcanzado entre a Empresa Freire e Galanas, e conta coa aprobación da área de Movilidade dos Concellos de Santiago de Compostela, O Pino, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Guntín e Lugo.

Segundo explicou Freire, o proxecto contempla a introducción nas marquesinas instaladas na rede da empresa de vitrinas de información ou postes informativos, con información relativa ás liñas que discorren por esa parada, os horarios relativos a cada parada, información de contacto e códigos QR, de resposta rápida que almacena datos nun gráfico similar ao de barras e que se converte en información de lectura fácil grazas ao teléfono intelixente.

O resultado é que os usuarios poden obter información, en castelán, galego e en inglés, sobre a chegada dos próximos autobuses, sobre as paradas máis cercanas ou os itinerarios das liñas.

Asimesmo, contémplase a posibilidade de ofertar información turística dos puntos de interese próximos ao lugar onde se atope a persoa (museos, igrexas, monumentos ou parques, entre outros). Durante a súa intervención, o subdirector recordou que “todo elo lles pode resultar moi interesante tamén aos turistas, porque non hai que esquecer que Santiago recibe tódolos anos uns dous millóns de visitantes”.