Novos postes de parada no Camiño

A Empresa Freire, S.L. presentou onte, 23 de xuño, véspera de San Xoán, os novos postes informativos para as principais paradas dos Concellos de Arzúa, Melide e Palas de Rei, importantes vilas polas que discurre O Camiño de Santiago.

A iniciativa forma parte do proxecto InfoBus que ten por obxeto dar aos usuarios a información en cada parada e preténdese chegar aos 100 puntos informativos en toda a rede e ofrecer tamén información turística.

Para a súa implementación foi necesaria unha actuación conxunta da Demarcación de Estradas do Estado, a Dirección Xeral de Patromonio Cultural e os Concellos de Arzúa, Melide y Palas de Rei, segundo explicou Freire. O proxecto contempla a introducción nas paradas de vitrinas de información ou postes informativos, con información relativa ás liñas que discurren por esa parada, os horarios relativos a cada parada, datos de contacto e códigos QR, mostrando a información en castelán, galego e inglés.

A iniciativa foi especialmente celebrada polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, considerando positivas as novas señalizacións sobre todo en aqueles tramos nos que o Camiño discurre por estradas urbanas ou cerca da N-547, segundo explicou Ángel Trabada, presidente da Asociación do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo.