Paradas antiacoso seguras na liña do Aeroporto de Lavacolla

Co gallo do día Internacional da Muller o próximo 8 de marzal de 2019, a Empresa Freire, adheriuse ao Protocolo da Xunta de Galicia para o establecemento de paradas antiacoso seguras na liña do aeroporto de Lavacolla.

O obxetivo do PROTOCOLO DE PARADAS SEGURAS é favorecer a seguridade en horario nocturno de determinados colectivos: mulleres, menores de idade, persoas xubiladas que viaxen soas, así como persoas  con discapacidade.

Calquera destos colectivos pode solicitar nos servizos nocturnos da ruta Aeroporto de Lavacolla – Santiago de Compostela – Aeroporto de Lavacolla, entre as 22:00 h. e as 07:00 h., que se realicen paradas fóra dos puntos habituais, sempre que sexa sobre o mesmo itinerario, e o permitan as condicións de seguridade viaria.

A liña de bus ao Aeroporto é a primeira en Santiago de Compostela que se suma a este Protocolo, que ofrece, por exemplo, ás mulleres usuarias do autobús pola noche que poidan baixarse o más cerca da porta da súa casa ou do lugar a onde queiran ir. A posta en funcionamenteo deste servizo xenerou unha gran expectación.