Sistemas de información ao pasaxeiro

A Empresa Freire chegou a un acordo con Hanover Displays para a adquisición e posterior instalación na líña do Aeroporto de Lavacolla dun novedoso sistema de información ao pasaxeiro a bordo do autobús, consistente en pantallas multimedia TFT de dupla cara.

“As pantallas básanse en paneis planos brilantes TFT de alta resolución que son controlados por un poderoso procesador multimedia capaz de procesar imáxenes gráficas e video de pantalla completa en tempo real e mensaxes de audio. A unidade está completamente integrada nunha fina carcasa antivandálica que inclue procesador multimedia, dobre amplificador de audio de 40w e fonte de alimentación” explicou Fernando Rodríguez de Hanover Displays.

A iniciativa forma parte do proxecto InfoBus que ten por obxetivo dar aos usuarios a información en cada parada e presentala de forma clara e concisa. O resultado de todo elo é que os usuarios poden obter información en tempo real, grazas ao receptor GPS integrado, en castelán, galego e en inglés, sobre as próximas paradas, os itinerarios das líñas ou puntos de interese cercanos.

Asimesmo, según destacou Gaspar Freire, “as pantallas multimedia ofrecen suficiente potencial para sacar o máximo rendimento con información turística ou comercial, xa que amosan imáxenes a cor de alta resolución con sonido incorporado e video full scream”